×
  • Inicio
  • ENTREVISTAS
  • SOBRE TALENTO GALEGO
info@talentogalego.com
  • Inicio
  • ENTREVISTAS
  • SOBRE TALENTO GALEGO
×

Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano»

  • Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano»

    • Nov 24, 2017
    • By lparcero
    • In ENTREVISTAS
    • 0 Comments

    Federico Pérez (Alemaña, 1976) é un actor coñecido e querido en toda Galicia, especialmente polo seus papeis nas series da TVG Padre Casares e o seu Moncho de Era Visto. Participou en Libro de Familia, O show dos Tonechos, Mareas Vivas ou Air Galicia.

    Tamén fixo películas de cine e ten algún papel en series de canles nacionais, como o seu doutor na recente serie Tiempos de Guerra, que emite Antena3.

    Ademais, Federico, artista inquedo por natureza, fai teatro (ultimamente seguro que o viches nalgunha cidade galega con Get Back), humor negro con Curtis e Teixeiro e ata ten un dúo musical con Marcos Pereiro. Un home culto e curioso, coa súa propia forma de ver a vida e o humor.

    (más…)

    Read More
  • Bea Hervella: «O segredo de divertirte é saber doutras moitas cousas, para poder mesturalas e aplicalas no que fas»

    • Abr 06, 2017
    • By Talento Galego
    • In ENTREVISTAS
    • 0 Comments

    Bea Hervella foi a muller do tempo da canle autonómica e converteuse nunha das caras máis populares de Galicia. Con todo, é moito máis que iso: física, meteoróloga, emprendedora, escritora… Unha muller excepcional, cunha carreira profesional tremendamente interesante e cunha visión da meteoroloxía e a divulgación científica do máis orixinal.

    (más…)

    Read More
  • Manel Loureiro: «Non hai que ter medo a cambiar, a perseguir os teus soños»

    • Ene 23, 2017
    • By Talento Galego
    • In ENTREVISTAS
    • 0 Comments

    Manel Loureiro é un escritor galego que ten a fórmula dos best sellers. Din os medios de comunicación que é o Stephen King español. Leva vendidos máis dun millón de libros en todo o mundo e as súas historias están traducidas a máis de 20 idiomas. Así a todo, o seu nome non termina de ser tan coñecido en Galicia como cabería esperar despois de coñecer estes datos. Comezamos a nosa charla, que se desenvolve no seu despacho en Pontevedra, comentando precisamente este asunto.

    (más…)

    Read More
  • Martín López Nores: «En China hai unha compoñente cultural de admirar o que fan outros»

    • Nov 14, 2016
    • By Talento Galego
    • In ENTREVISTAS
    • 0 Comments

    Se che conto que hai (a lo menos) un galego cunha masa de fans en China, Vietnam, Tailandia e Corea e que non é futbolista, nin cantante, actor, nin tampouco escritor… de que pensas que se trata?

    Ás veces, as grandes historias están na porta do lado e non chegamos a enterarnos nunca. Por sorte, eu si que coñecía a Martín e a súas andanzas.

    Que Martín López Nores era fóra de serie, un “cerebriño”, xa o sabiamos dende que o vimos en Cifras e Letras na Televisión de Galicia. O que quizais é menos coñecido é todo o seu percorrido posterior. Da TVG pasou á tele nacional e despois deu o salto á televisión chinesa.

    (más…)

    Read More
  • X.A. Touriñán: «Hai que ser un mesmo e tratar sempre, sempre de pasalo ben»

    • Jul 25, 2016
    • By Talento Galego
    • In ENTREVISTAS
    • 1 Comment

    A de Xosé Touriñán (Culleredo, 1980) é unha das caras máis recoñecibles de Galiza. Cómico e actor, está a vivir unha etapa profesional fértil e diversa.

    Compartimos con el unha agradable conversa na que falamos da súa traxectoria e do sector audiovisual galego, especialmente da televisión.

    Quixen que esta fose a primeira entrevista de Talento Galego, a que inaugura este proxecto e corta a cinta, porque Xosé Touriñán é un artista que se atreve con todo, que non se deixa encasillar e que ten demostrado que un cómico tamén é un actor con tódalas letras. Ademais, é un galego que presume de selo e de traballar no seu país.

    (más…)

    Read More

SECCIÓNS

  • ENTREVISTAS (9)

recentes

  • Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano» Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano»
  • Richard: «Para min un instrumento é unha obra de arte» Richard: «Para min un instrumento é unha obra de arte»
  • Bea Hervella: «O segredo de divertirte é saber doutras moitas cousas, para poder mesturalas e aplicalas no que fas» Bea Hervella: «O segredo de divertirte é saber doutras moitas cousas, para poder mesturalas e aplicalas no que fas»

Etiquetas

artesanía cine deseño divulgación humor ilustración innovación libros moda pintura rol televisión

O noso Twitter

Tweets by TalentoGalego

Contacta

info@talentogalego.com
+34 633 879 794

Talento Galego

Que buscas?

  • ENTREVISTAS

© Talento Galego. Tódolos dereitos reservados

Esta web utiliza cookies para tratar de mellorar a túa experiencia como usuario. Algunhas persoas prefiren non habilitar as cookies. Se é o teu caso, podes administralas no teu navegador.Entendido! Máis información