• Leandro Lamas: «Hai que buscar algo orixinal, buscarse a un mesmo no traballo»

    Unha mañá collín o coche e fun ata Neda, un pequeno concello na Ría de Ferrol que non chega aos 6000 habitantes. Alí, afastado do barullo da estrada xeral e do centro da vila, ten o seu estudio o pintor e ilustrador Leandro Lamas. Se polo nome aínda non sabes quen é, ben seguro que as súas ilustracións e o seu estilo único sonche ben coñecidas. Ademais de ilustrar libros, Leandro Lamas pinta retratos moi especiais, ilustra acontecementos da vida, historias bonitas de parellas, de pais, de nais, de amigos, de familia. Leandro pinta o amor.  (más…)

    Read More