-
La Böcöque: «Fainos sentir moi orgullosas facer o noso traballo aquí, en Cangas, en Galicia»
- Jul 24, 2016
- By Talento Galego
- In ENTREVISTAS
- 0 Comments
La Böcöque é una marca de moda feminina. Nacida e criada a medias entre Moaña e Cangas, medra cada ano un chisquiño. Máis lenta que as grandes marcas pero segura, chega cada vez a máis mulleres que buscan roupa de calidade, elegante e sobre todo diferente, con personalidade propia.
Con tenda online e tenda física en Cangas (Pontevedra), La Bocoque vende prendas por todo o mundo e cada vez é máis habitual ver ás celebrities na televisión vestir as súas prendas, en programas diarios ou en galas nocturnas.
La Böcöque son Sara Álvarez e Olalla Casas. Falamos con elas de cómo crearon La Böcöque e o seu día a día.