-
Manel Loureiro: «Non hai que ter medo a cambiar, a perseguir os teus soños»
- Ene 23, 2017
- By Talento Galego
- In ENTREVISTAS
- 0 Comments
Manel Loureiro é un escritor galego que ten a fórmula dos best sellers. Din os medios de comunicación que é o Stephen King español. Leva vendidos máis dun millón de libros en todo o mundo e as súas historias están traducidas a máis de 20 idiomas. Así a todo, o seu nome non termina de ser tan coñecido en Galicia como cabería esperar despois de coñecer estes datos. Comezamos a nosa charla, que se desenvolve no seu despacho en Pontevedra, comentando precisamente este asunto.
-
X.A. Touriñán: «Hai que ser un mesmo e tratar sempre, sempre de pasalo ben»
- Jul 25, 2016
- By Talento Galego
- In ENTREVISTAS
- 1 Comment
A de Xosé Touriñán (Culleredo, 1980) é unha das caras máis recoñecibles de Galiza. Cómico e actor, está a vivir unha etapa profesional fértil e diversa.
Compartimos con el unha agradable conversa na que falamos da súa traxectoria e do sector audiovisual galego, especialmente da televisión.
Quixen que esta fose a primeira entrevista de Talento Galego, a que inaugura este proxecto e corta a cinta, porque Xosé Touriñán é un artista que se atreve con todo, que non se deixa encasillar e que ten demostrado que un cómico tamén é un actor con tódalas letras. Ademais, é un galego que presume de selo e de traballar no seu país.