• Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano»

    Federico Pérez (Alemaña, 1976) é un actor coñecido e querido en toda Galicia, especialmente polo seus papeis nas series da TVG Padre Casares e o seu Moncho de Era Visto. Participou en Libro de Familia, O show dos Tonechos, Mareas Vivas ou Air Galicia.

    Tamén fixo películas de cine e ten algún papel en series de canles nacionais, como o seu doutor na recente serie Tiempos de Guerra, que emite Antena3.

    Ademais, Federico, artista inquedo por natureza, fai teatro (ultimamente seguro que o viches nalgunha cidade galega con Get Back), humor negro con Curtis e Teixeiro e ata ten un dúo musical con Marcos Pereiro. Un home culto e curioso, coa súa propia forma de ver a vida e o humor.

    (más…)

    Read More